miércoles, 29 de febrero de 2012

Un rico postre con tradición: Arroz do forno

O domingo pasado fomos comer á casa dos meus padriños, Concha e José. Miña madriña que é unha gran cociñeira preparounos unha comida 100% galega.
Estaba todo moi bo, o caldo galego, o pulpo coas patatas cocidas… Pero cando vin o postre enriba da mesa enseguida me acordei dos amigos blogueiros de “Entrimeños”. ¡Era arroz do forno!
Así que fixen unhas fotos e pedinlle a receita a miña madriña. Aquí a tendes, ¡espero que vos quede igual de espectacular!




Ingredientes:
1 litro de leite
Un chisco de sal
250 gramos de arroz
6 ovos
Colorante alimentario (2 sacudidas)
10 culleradas de azucre
Manteiga para untar o molde










Fervemos o leite e botamos o arroz cun chisco de sal.
Cando está a medio cocer, pasados uns 10 minutos aproximadamente, retiramos do lume e deixamos enfriar.
Batemos os ovos e mesturamos todos os ingredientes
Unha vez todo mesturado botámolo nun molde previamente untado con manteiga.
Metemos o molde no forno prequecido a 200⁰
cando vexamos que se está tostando por enriba cravamos un escarvadentes e cando este saia seco sacamos o arroz do forno e ¡listo pra servir! 
Toque de miña madriña: antes de meter o molde no fondo ponlle uns puntiños de manteiga por encima do arroz.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Vídeo sobre Olelas

Parece ser que Olelas é a aldea máis mediática do concello de Entrimo. Non me extraña pois reune unha serie de características díficiles de encontrar xuntas.
Entre elas a sua situación fronteiriza nótase na sua riqueza cultural e o río de Castro Laboreiro e o barranco configuran unha paisaxe única.
Pero sen dúbida o que fai de Olelas un gran lugar é a súa xente. Comprobádeo vós mesmos neste vídeo do programa “Grandes Lugares” da TVG

miércoles, 15 de febrero de 2012

Entroido en Entrimo: Madamitas e Madamitos

¡Bo entroido a todos!
Acabo de ver esta noticia publicada na Rexión:
"El Concello de Entrimo confirmaba ayer el cartel festivo del Entroido 2012.
La cita, prevista para el fin de semana del 18 y 19 de febrero, permitirá que regresen a las calles de la capitalidad los llamativos 'madamitos y madamitas'. Las figuras del Entroido tradicional de la localidad protagonizarán un desfile por las calles de A Terrachá en la tarde del sábado. El domingo será el turno para los disfraces y carrozas más transgresoras con el tradicional desfile de carnaval. A partir de las 16,30 horas, grupos de amigos y vecinos participarán en un pasacalles multicolor amenizado por la música de charanga. Entre todos los participantes, se repartirán 1,200 euros en premios."

¿Algún de vos sabe de qué vai esta tradición? ¿alguén pode enviar algunha foto do entroido en Entrimo e compartila cos que estamos fóra? 
Eu acórdome das carrozas pero non dos "Madamitos e madamitas"...

martes, 7 de febrero de 2012

Vídeo da ruta de Queguas en Entrimo

Fai uns días escribía sobre a ruta de Queguas.
Déixovos un vídeo que encontrei do programa da TVG "Botarse ao monte" onde da man de Sindo o presentador ensínanos esta ruta por Entrimo.

sábado, 4 de febrero de 2012

Lacón con Grelos

Grelos
Agora que estamos nun dos meses máis fríos do inverno vouvos falar dun prato típicos desta estación: O lacón con grelos. Cómese durante sobretodo os meses posteriores á matanza do porco.


Ingredientes:
Lacón do porco (extremidades dianteiras do porco)
Patatas
Grelos
Chourizo
Un pouco de aceite de oliva
Manteiga de porco


Xamóns
Primeiro poñemos o lacón a desalgar durante un ou dous días (depende do tamaño)
Unha vez desalgado poñémolo a cocer durante unha hora por quilo.
Cando estea cocido sacámolo da auga e votamos a cocer na mesma auga as patacas enteiras co chourizo. Engadimos un pouco de manteiga de porco.
Pasados vinte minutos votamos os grelos e o lacón e deixamos cocer todo xunto dez minutos máis.
O servir podemos regar as patacas e os grelos con un chorro de aceite.


Chourizada no canizo